CHARLA COLOQUIO REFORMA LEI DO ABORTO

O pasado venres 14 de marzo realizamos no Porriño una charla coloquio sobre a reforma da lei do aborto.

A este acto acudiron Eva Solla, Deputada de AGE no Parlamento Galego, e Lourdes Pérez, xinecóloga no Hospital Xeral de Vigo. A ambas, dende Esquerda Unida Porriño, queremos agradecerlles a súa presenza e que poidamos volver velas noutras charlas, esperando que nesa ocasión sexa porque esta lei que propón o PP non salga adiante.

Agradecer á área de muller de Vigo polo seu apoio e a súa participación na charla, e tamén a toda a xente que se acercou ata a Escola de Música para participar nesta charla, e que esperamos saísen con todas as dudas resoltas que tiñan e comprenderan mellor o que supón esta nova reforma para a muller.

Dende EU loitamos e loitaremos polos dereitos da muller e polo seu dereito a decidir sobre o seu corpo, porque ninguén pode obrigarnos a ser nais.

1896809_10201822209779450_326902761_n

1925216_10201822209659447_458553018_n

CHARLA COLOQUIO SOBRE A REFORMA DA LEI DO ABORTO

O próximo Venres 14 de marzo, ás 19:30 horas na Escola de Música do Porriño, terá lugar unha charla coloquio sobre a Reforma da Lei do Aborto.

Nesta charla intervirán Eva Solla (Deputada no Parlamento Galego por AGE) e Lourdes Pérez Bares (Xinecóloga do Hospital Xeral de Vigo).

A reforma que propón o PP supón a eliminación dun dos dereitos máis importantes polo que moitas mulleres loitaron, e seguen loitando, para conseguilo. Unha loita de moitos anos, e que agora o ministro Gallardón quere eliminar sen importarlle o que as mulleres pensamos.
E por iso invitámosvos a todos a participar nesta charla que organiza EU Porriño e a Área de Muller, xa que non podemos permitir que nos quiten o dereito a decidir… AS MULLERES DECIDIMOS!!!

acto aborto porriño cartel definitivo

MANIFESTACIÓN DA PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO DO PORRIÑO

O próximo Venres 7 de marzo, ás 20:00, na praza do Concello do Porriño, haberá unha manifestación en defensa do aborto libre e gratuíto, convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto do Porriño.
Recordaros que esta Plataforma está integrada polos grupos locais de Esquerda Unida, BNG, PSOE, CxG, NÓS-UP, CIG, UGT e BRIGA.

cartaz manifestacion

Constitúese un grupo de traballo da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto no Porriño

As organizacións políticas locais do BNG, CxG, EU-IU, Nós-UP e PSdG-PSOE; os sindicatos CIG e UGT e a organización xuvenil Briga, vimos de conformar un grupo de traballo da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto no Porriño. Despois de celebrarmos unha primeira reunión constitutiva, estamos a traballar na convocatoria de mobilizacións e actos públicos nos que expresar o noso rexeitamento á reforma da lei do aborto que pretende aprobar o goberno do PP. Desde a plataforma queremos animar ao conxunto da sociedade porriñesa a mostrar a súa oposición a esta innecesaria reforma, que supón un grave retroceso nas liberdades e dereitos das mulleres.

O Goberno Central anunciou un cambio lexislativo en materia de Interrupcións Voluntarias do Embarazo que previsiblemente nos devolverá a un sistema de supostos. Isto abre de novo a posibilidade de que as mulleres se vexan obrigadas a alegar razóns para xustificar a súa decisión baixo a ameaza de condenas xudiciais ou penas de prisión tanto para a nai como para o persoal sanitario que practique abortos non amparados pola lei. Aparece, ademais, unha posible revisión do suposto que recollía as malformacións graves do feto como razón para practicar este tipo de intervencións. A chamada “lei de prazos”, actualmente vixente e adoptada pola maioría dos estados da nosa contorna, é unha norma xurídica que permite á muller embarazada, dentro dun prazo determinado (14 semanas no caso do estado español), realizar unha interrupción do embarazo dentro do sistema público de saúde, de maneira gratuíta e sen quedar supeditada na súa actuación á opinión ou ditame doutras persoas.

A lei de 2010 que pretende modificar o PP non obriga a abortar, senón que unicamente garante o dereito a decidir. O que tería que facer o Goberno central non é cambiar a normativa, senón fomentar políticas de educación sexual para previr embarazos non desexados e prácticas de risco. Denunciamos a hipocrisía do PP, que nos quere devolver a un tempo onde, as que podían economicamente, viaxaban ao estranxeiro para abortar, e as que non, facíano clandestinamente e sen garantías sanitarias. As leis restritivas inflúen pouco ou nada no número de abortos que se realizan, pero si determinan se estes se levan a cabo en condicións de risco ou non.

As organizacións políticas e sociais que formamos parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, defendemos o dereito das mulleres ao seu corpo e esiximos ao goberno que cumpra coa súa responsabilidade de garantir o aborto legal, seguro e accesible. Reclamamos o acceso ao aborto legal, seguro e gratuíto como unha demanda de dereitos humanos, de xustiza social e de saúde pública.
As mulleres somos suxeitas de dereitos con plena capacidade para tomar decisións de acordo ás nosas realidades e proxectos de vida, incluíndo a decisión de abortar ou de ser nais, de ter fillos/fillas ou non. As mulleres somos persoas autónomas, responsables, libres e iguais e, como tales, esiximos o dereito a decidir sobre os nosos corpos e vidas.

http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/02/25/nace-porrino-grupo-trabajo-plataforma/973812.html

CELEBRACIÓN ACTO PENSIÓNS NO PORRIÑO

Onte celebramos no Multiusos de Torneiros, no Porriño, un acto de pensións.

Nel interviñeron JUAN FAJARDO, Deputado de AGE no Parlamento Galego, e JOSÉ CUEVAS, Coordinador de EU na Comarca de Vigo. A ambos, dende EU Porriño queremos agradecerlles a súa presenza e o tempo que estiveron connosco a explicarnos a realidade do que pasa cas pensións actuais e futuras.

Agradecerlles tamén a todas aquelas persoas que se achegaron ao acto, e que esperamos que cas intervencións de Juan Fajardo e José Cuevas entenderan mellor a situación do que está a pasar con este tema.

Juan Fajardo e José Cuevas no acto de Pensións no Porriño

Juan Fajardo e José Cuevas no acto de Pensións no Porriño

ACTO PENSIÓNS NO PORRIÑO

Este xoves, ás 19:30 horas, no Multiusos de Torneiros (enriba da oficina do INEM do Porriño), terá lugar un acto sobre as pensións, onde se informará do que vai pasar cas pensións coa nova reforma que realiza o PP, e das alternativas que dende Esquerda Unida ofrecemos.

No acto intervirán Juan Fajardo, Deputado de Alternativa Galega de Esquerda no Parlamento Galego, e José Cuevas, Coordinador de Esquerda Unida na comarca de Vigo.

Esperamos a vosa asistencia ó acto, e recordade que a participación está aberta a todo o mundo, non só ás persoas de Esquerda Unida.

Esquerda Unida do Porriño
eu-porrino@esquerdaunida.org
http://www.facebook.com/euporrino
@EUPorrino

Pensións definitivo

VÍDEO DA XORNADA DE EDUCACIÓN

XORNADA EDUCACIÓN

O pasado venres 24 de Xaneiro, celebrouse na Casa da Cultural do Porriño unha charla sobre a nova lei de educación, a LOMCE, na que interviron Xabier Ron (Deputado do Parlamento Galego por AGE); Ramón Vázquez (Secretario da área de Educación de EU-Galicia e deputado do Parlamento Galego por AGE); Roi Rodríguez (Secretario da área de Educación de EU da comarca de Vigo); Manuel Laxe (Responsable comarcal de CC.OO. do ensino en Vigo); e Rosa Pascual (Representante da Marea Verde do ensino).

A todos eles, dende Esquerda Unida do Porriño, queremos darlles as grazas pola súa intervención nesta xornada sobre a educación, e esperamos que entre todos poidamos conseguir a retirada desta lei e facer unha que nos beneficie a todos, sen exclusións de ningún tipo e á que poidan acceder todo o mundo. Unha educación pública, democrática, laica, en igualdade e gratuita.

Xornada Educación

2

XORNADA EDUCACIÓN

O Venres 24 de Xaneiro, ás 19:30 horas, a agrupación de Esquerda Unida do Porriño organiza un acto sobre educación na Casa da Cultura do Porriño.

Neste acto intervirán:
– Xabier Ron (Deputado do Parlamento Galego por AGE)
– Ramón Vázquez (Secretario da área de Educación de EU-Galicia e
deputado do Parlamento Galego por AGE).
– Roi Rodríguez (Secretario da área de Educación de EU-Vigo).
– Tamén contaremos con representantes de estudantes, ANPAS e
Sindicatos.

Todos eles falarannos da nova reforma educativa (LOMCE), de como afectará ós estudantes, Mestres e a todo o sector da educación, polo que están invitados todas aquelas persoas que queiran coñecer máis sobre esta reforma, informarse das dúbidas que poidan ter e saber as alternativas que dende o noso grupo propoñemos.

Cartel acto educación

CHARLA COLOQUIO REFORMA LEI DO ABORTO

cartel_acto_vigo

A %d blogueros les gusta esto: