A COORDENADORA COMARCAL DE VIGO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA
CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN VIGO POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA ELENA RODRÍGUEZ QUIROGA
María Elena foi asasinada polo seu home, este xoves. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Maria Elena e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.
CONCENTRACIÓN DE REPULSA DA VIOLENCIA MACHISTA ESTE SABADO 26, ÁS 19H. NO MARCO, RÚA DO PRÍNCIPE EN VIGO.
Filed under: Noticias |
Deixar unha resposta