XORNADA EDUCACIÓN

O pasado venres 24 de Xaneiro, celebrouse na Casa da Cultural do Porriño unha charla sobre a nova lei de educación, a LOMCE, na que interviron Xabier Ron (Deputado do Parlamento Galego por AGE); Ramón Vázquez (Secretario da área de Educación de EU-Galicia e deputado do Parlamento Galego por AGE); Roi Rodríguez (Secretario da área de Educación de EU da comarca de Vigo); Manuel Laxe (Responsable comarcal de CC.OO. do ensino en Vigo); e Rosa Pascual (Representante da Marea Verde do ensino).

A todos eles, dende Esquerda Unida do Porriño, queremos darlles as grazas pola súa intervención nesta xornada sobre a educación, e esperamos que entre todos poidamos conseguir a retirada desta lei e facer unha que nos beneficie a todos, sen exclusións de ningún tipo e á que poidan acceder todo o mundo. Unha educación pública, democrática, laica, en igualdade e gratuita.

Xornada Educación

2

XORNADA EDUCACIÓN

O Venres 24 de Xaneiro, ás 19:30 horas, a agrupación de Esquerda Unida do Porriño organiza un acto sobre educación na Casa da Cultura do Porriño.

Neste acto intervirán:
– Xabier Ron (Deputado do Parlamento Galego por AGE)
– Ramón Vázquez (Secretario da área de Educación de EU-Galicia e
deputado do Parlamento Galego por AGE).
– Roi Rodríguez (Secretario da área de Educación de EU-Vigo).
– Tamén contaremos con representantes de estudantes, ANPAS e
Sindicatos.

Todos eles falarannos da nova reforma educativa (LOMCE), de como afectará ós estudantes, Mestres e a todo o sector da educación, polo que están invitados todas aquelas persoas que queiran coñecer máis sobre esta reforma, informarse das dúbidas que poidan ter e saber as alternativas que dende o noso grupo propoñemos.

Cartel acto educación

CHARLA COLOQUIO REFORMA LEI DO ABORTO

cartel_acto_vigo

EN DEFENSA DAS PENSIÓNS

Esquerda Unida está realizando, nas diferentes localidades da nosa comarca, un acto sobre a reforma das pensións, onde informamos das consecuencias da reforma das pensións que fai o PP, de como nos afecta a cada un, e tamén presentamos a nosa alternativa a esta lei, que é inxusta e vai contra os nosos dereitos.

A continuación publicamos un vídeo da presentación da campaña “En defensa das pensións”, por parte de Eva Solla, deputada de Alternativa Galega de Esquerda e José Cuevas, Coordinador comarcal de Esquerda Unida de Vigo.

A %d blogueros les gusta esto: