MOCIÓN CONTRA A LOMCE

Esquerda Unida de O Porriño presentou no Concello unha moción contra a LOMCE. O texto da mesma é o que segue:

A folga educativa convocada para o vindeiro 24 de outubro proclamada como un día de movilización e reivindicación pola educación pública e de calidade, é unha ferramenta necesaria no actual contexto de ataques neoliberais contra os servizos públicos no que nos atopamos, onde ten unha especial relevancia a LOMCE, nova lei que suporá un brutal retroceso para a educación pública tal e como a coñecemos.
Coas últimas políticas realizadas tanto polos gobernos de PP e PSOE en materia educativa, estamos sufrindo un forte deterioro a todos os niveis, cada vez con menos profesorado e en peores condicións laborais, onde o material escolar se converteu nun luxo, as becas de transporte se están a recortar ata a súa desaparición e as familias endebédanse para poder costearse os estudos dos seus fillos/as.
Estas medidas ademais promoven a desigualdade económica e a privatización dos centros educativos que non alcancen a solvencia necesaria, para que, así, as empresas privadas e bancos causantes do declive económico do país entren a explotar o sistema educativo como novo nicho de mercado.
Este proceso tamén se dá nas universidades públicas, onde nos dous últimos anos o prezo final de matrícula se encareceu un 66% de media. Chegouse a un punto no que o primeiro curso da carreira máis barata custa 1.620€, e repetindo asignatura, necesítase pagar ata cinco veces máis.
Doutra banda os e as estudantes de FP víronse afectados polo aumento das taxas, unha FP de grao superior custa 480€, e unha de grao medio entre 120€ e 220€ de media.
Ademais atopamos as novas taxas da PAU que supoñen unha barreira económica máis para acceder á educación superior.

Con este modelo educativo podemos chegar á situación de EEUU, onde o endebedamento por matrículas universitarias é o segundo despois das hipotecarias e supera xa o billón de dólares, o cal establece un novo boom empresarial e económico a costa dos nosos dereitos e da calidade da educación.
Cada vez parece máis evidente que a crise é a escusa para privatizar e desmantelar o sistema educativo, pois é unha vontade política o feito de rescatar a bancos mentres se recorta en servizos públicos, en algo tan imprescindible como o dereito á educación. Por iso esta folga tamén o é contra as políticas antisociais que reforzan a diferenciación de clases, roubando ao pobo a súa maior fonte de coñecemento, a educación.
Por todo o anterior o pleno do concello asume os seguintes:

ACORDOS:

1-. Trasladar ao Goberno da Nación a petición de derrogación da Lei Orgánica para o Mejoramiento da Calidade Educativa (LOMCE), a modificación do último decreto de Becas e todas e cada unha das iniciativas levadas a cabo sen un consenso maioritario da comunidade educativa.

2-. Que se apoie públicamente a xornada de Folga Educativa convocada por todos os sectores da comunidade educativa para o próximo 24 de Outubro.

3-. Dar conta deste acordo a todos Consellos Escolares do municipio e a todas as Asociacións de Estudantes, Nais e Pais, e Sindicatos con presenza na localidade.

A %d blogueros les gusta esto: