MOCIÓN AO PLENO DO CONCELLO DE O PORRIÑO

ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA MOCIÓN AO PLENO DO CONCELLO PARA ESIXIR A RETIRADA INMEDIATA DA LOMCE E A DEMISIÓN DO MINISTRO WERT

EU apoia as mobilizacións en contra da ley de educación do PP e participará activamente na manifestación da xornada de folga de docentes, alumnos e pais convocada para o día 9 de maio.

A agrupación local de Esquerda Unida de O Porriño ven de presentar unha moción ao pleno do concello de O Porriño para que este se posicione a favor da retirada da Ley Orgánica para la mejora de la Calidad Educativa (LOMCE) así coma a demisión do ministro Wert, ao que acusa de estar desmantelando o sistema educativo público do cal debería ser garante e firme defensor.

EU considera a LOMCE unha contrarreforma segregadora, antidemocrática e mercantilista deseñada de costas á comunidade educativa e que prima exclusivamente os intereses da clase económica dominante en prexuízo da inmensa maioría social polo que esixe a súa retirada.

En contraposición e coa finalidade de favorecer realmente a mellora da calidade da educación, EU propón ao goberno central iniciar un debate con toda a comunidade educativa para acadar un diagnóstico compartido en relación ás posibilidades de mellora do sistema educativoco, e que en troques de recortar en educación, incremente aumentando os Orzamentos para Educación Pública nos PGE achegándonos á media europea do 7% do PIB, alén dun 2% do PIB á Educación Superior.

EU fai un chamamento á comunidade educatica a participar masivamente na folga de pais e nais, alumnos e docentes convocada para o vindeiro 9 de maio así como nas manifestacións convocadas nesa xornada.

A %d blogueros les gusta esto: