PROGRAMA E CÓDIGO ÉTICO

PROGRAMA  CÓDIGO ÉTICO

PROGRAMA ABERTO DE ESQUERDA UNIDA PARA O PORRIÑO

PARTICIPA NO NOSO PROGRAMA ABERTO

programa-aberto.org

REBELIÓN DEMOCRÁTICA NO PORRIÑO

image

MITIN NO PORRIÑO O 17 DE MAIO

Este sábado 17 de maio, ás 20:00 horas haberá un mitin na PRAZA DO CRISTO DO PORRIÑO, no que intervirán:

JUAN FAJARDO, Deputado de AGE no Parlamento Galego.
CARLOS LORENZO, Candidato por AGE ao Parlamento Europeo.
MANUEL DIOS, Vicecoordinador de política institucional de Espazo Ecosocialista.

Presenta: Ricardo Canosa, responsable da área de economía de Esquerda Unida de O Porriño.

logos-age

VIOLENCIA MACHISTA

A COORDENADORA COMARCAL DE VIGO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN VIGO POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA ELENA RODRÍGUEZ QUIROGA

María Elena foi asasinada polo seu home, este xoves. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Maria Elena e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

CONCENTRACIÓN DE REPULSA DA VIOLENCIA MACHISTA ESTE SABADO 26, ÁS 19H. NO MARCO, RÚA DO PRÍNCIPE EN VIGO.

ACTO INTERNACIONAL DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA EN EUROPA

Este domingo 27 de abril, ás 11:30 horas, no pazo de congresos de compostela, terá lugar un acto de Alternativa Galega de Esquerda.
Neste acto intervirán:
LIDIA SENRA: Candidata de Alternativa Galega de Esquerda ás elección europeas.
ALEXIS TSIPRAS: líder de SYRIZA de Grecia e candidato da esquerda europeas á presidencia da Comisión Europea.
XOSÉ MANUEL BEIRAS: voceiro de AGE no parlamento galego.
YOLANDA DÍAZ: vicevoceira de AGE no parlamento galego.
WILLY MEYER: candidato de A Esquerda Plural ás elección europeas.
JOSÉ SOEIRO: menbro da Comisión Política do Bloco de Esquerda (Portugal).

É A HORA DO POBO!!!!
ESPERÁMOSVOS!!!!!

10155530_498584943574766_8840228886893212344_n

IMPUTACIÓNS NO GOBERNO DO PORRIÑO

Varios medios de comunicación confirmaron estos días os nomes do imputados no goberno do Porriño, entre eles, o alcalde do Porriño, Nelson Santos.
As persoas imputadas e os cargos polos que están imputados son os seguintes:
Nelson Santos: polos presuntos delitos de suborno, malversación de caudais públicos, prevaricación continuada e por contrataciones irregulares.
O concelleiro de Emprego e Formación, e responsable do servicio Porremprego, Alejandro Lorenzo, xunto a Manuel Cabanelas Garrido (INEM do Porriño).
Lucía Leirós Rodríguez e o seu pai, Laureano Leirós, da empresa Impi, Instalación de Madera y Pavimentos Ibérica, que supostamente estaría relacionada co primero tenente alcalde e edil responsable de contrataciones, José Manuel Jacobo, tamén imputado.
Os cargos estarían relacionados ca emisión de facturas ó Concello por obras que presuntamente realizaban traballadores do propio concello.
Completan as nueve imputaciones o edil de Canteiras e Patrimonio e avogado, Carlos Martínez Nogueira (por tráfico de influencias), a arquitecta municipal (por un presunto delito de libramento de documento público) e Celso Freiría Barbosa da empresa Mecánica Rocha.
Todos eles imputados por centenares de presuntos delitos relacionados con adxudicacións, supuestamente fraudulentas, de obras e servicios, por un valor de 4 millóns de euros.

Dende EU Porriño pedimos a DIMISIÓN inmediata do Alcalde, das demáis persoas imputadas no caso, e a dimisión de todo o goberno do Concello do Porriño, porque permiten no seu partido ese tipo de comportamento e non fan nada.

PROGRAMA EU AS ELECCIÓNS EUROPEAS 2014

A continuación poño o enlace á páxina de esquerda unida donde aparece o programa para as elección europeas, e tamén dous ficheiros co programa.

http://www.izquierda-unida.es/programa_europeas2014

Programa_Europeas2014

Programa_Juventud_Europeas2014

14 DE ABRIL DÍA DA REPÚBLICA

O 14 de Abril recollimos firmas para pedir ó concello que poña o nome de “Segunda República” a unha das rúas do Porriño.
De momento temo 150 sinaturas. E a seguir!!!
Se queredes asinar por unha Rúa “Segunda República” no Porriño, en memoria e homenaxe aos Republicanos e Republicanas do 36, dirixídevos a nós. Gracias!!! Saúde e República!!!

1622728_780588041951991_7046824167617691716_n

PRESENTACIÓN CANDIDATURA PARLAMENTO EUROPEO EN VIGO

O vindeiro venres 11 de abril, AGE presentará a súa Candidatura ao Parlamento europeo coa presencia de Lidia Senra, candidata de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras, e a viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz.
O acto terá lugar ás 20:15 no Auditorio do Centro Cultural da Fundación NovacaixaGalicia de Vigo.

IMG-20140408-WA0000